Skip to main content

Benvida

benvidaA web oficial do Concello de CALVOS DE RANDÍN inicia a súa andaina con toda a ilusión de converterse nun lugar de encontro para tódalas persoas do noso concello asi como as interesadas en coñecernos.

Este espazo foi deseñado para que poida ser utilizado como punto de información, tanto para os propios habitantes do concello, como para as persoas que nos queiran visitar e necesiten unha información actualizada do noso concello.

A información verquida neste espazo pretende cubrir tódolos aspectos sociolóxicos, turísticos e culturais da nosa zona, ó mesmo tempo que ofrece a nosa imaxe de cara ó mundo. Dende o concello esperamos que sirva tamén para acercar, máis se cabe, a institución ó cidadán, polo que engadimos unha sección de foro e outra de contacto, coa intención de ter informado ó visitante, e esperando que sirva tamén a modo de buzón de suxerencias e consultas por parte dos cidadáns do propio concello, asi como unha zona donde poderán descargar documentación para facilitar as xestións co concello.

Esperamos que este espazo lle sirva para coñecer mellor o noso concello.

Un saúdo.