Skip to main content

Calvos de Randín

Ó sur da provincia de Ourense, limitando con Portugal, nas estribacións das Serras de Larouco, Da Pena e Xurés. Clima denominado oceánico de montaña, caracterizado por baixas temperaturas e precipitacións relevantes, aínda que sometido a unha forte sequía estival.

Terras montañosas que pechan polo suroeste a comarca e a depresión de A Limia, formando os seus límites meriodionais fronteira con Portugal.

A situación fronteiriza de Calvos de Randín interfireu na evolución histórica deste municipio. Os lugares de Rubiás, Santiago e Meaus, que actualmente forman parte de Baltar e Calvos de Randín, pertenceron a un Couto Mixto. Este feito outorgáballes privilexios como exención de pagar tributos ou a elección de pertenecer a un ou outro reino. A especial xurisdicción favorecía as actividades económicas e incluso o contrabando. Como puntos de interese destacan O Cebreiro e Aguioncha en Feás, o val do Salas, cuxo río se remansa nun encoro. Dous espazos naturais dignos de contemplar son a fervenza do río Firbeda e a Serra da Pena con magníficas vistas. En canto a patrimonio histórico artístico destaca o castro de Paradela, a igrexa de Santiago dos Mistos, a praza do Eirao e varios fornos artesanais e cruceiros.

A altitude media oscila entre os 900 e 1100 metros, sen embargo no sector meridional, fronteirizo con Portugal, sobrepásanse esas alturas, ata rondar os 1.400 m nalgún punto concreto da Serra da Pena. Polo que respecta á hidrografía, o río Salas (principal afluente do Limia) percorre o municipio de Este a oeste e está represado no encoro de Salas, que se prolonga polo municipio limítrofe de Muiños e atravesa as terras portuguesas que hai entre ambos. O resto son ríos menores e arroios que tamén aflúen á conca do Limia, ben sexa por medio do río Salas ou polo Firbeda.

Extensión do Concello: 98 km2