Saúdo do Alcalde
É unha grande satisfación para min darvos a benvida a tod@s á páxina web do Concello de Calvos de Randín. Espero que este espazo web, que representa e trata de dar a coñecer o noso Concello a través de Internet, sexa do agrado de tódolos visitantes. Pretendemos que sexa unha paxina web interactiva que sirva de axuda para tódolos que a visiten e facilite o acceso a calquera persoa que esté interesada en saber do noso concello. En definitiva, que sexa un punto de encontro para tódolos internautas que queiran coñecernos.
Así mesmo aproveito, como non podía ser doutro xeito, para poñerme á enteira disposición de todos vostedes para todo aquelo que deste concello precisen.
Atentamente. Un cordial saúdo.
Aquilino Valencia Salgado
