Saúdo do Alcalde

 

 

E unha gran satisfacción para min darvos a benvida a todos á páxina web do Concello de Calvos de Randín. Espero que este espazo web, que representa e trata de dar a coñecer o noso Concello a través de Internet, sexa do agrado de todos os visitantes. Pretendemos que sexa unha páxina web interactiva que sirva de axuda para todos os que a visiten e facilite o acceso a calquera persoa que estea interesada en saber do noso Concello. En definitiva, que sexa un punto de encontro para todos os internautas que queiran coñecernos.

A web oficial do Concello de Calvos de Randín inicia a súa andanza con toda a ilusión de converterse nun lugar de encontro para todas as persoas do noso Concello, así como as interesadas en coñecernos.

Este espazo foi deseñado para que poida ser utilizado como punto de información, tanto para os propios habitantes do Concello, como para as persoas que nos queiran visitar e necesiten unha información actualizada do noso Concello.

A información vertida neste espazo pretende cubrir todos os aspectos sociolóxicos, turísticos e culturais da nosa zona, ao mesmo tempo que ofrece a nosa imaxe de fronte ao mundo.

Desde o Concello esperamos que sirva tamén para achegar, máis se cabe, a institución ao cidadán, polo que engadimos unha de contacto, coa intención de ter informado ao visitante, e esperando que sirva tamén a modo de buzón de correos de suxestións e consultas por parte dos cidadáns do propio Concello, así como unha zona onde poderán descargar documentación para facilitar as xestións co Concello.

Así mesmo aproveito, como non podía ser doutra forma, para poñerme á enteira disposición de todos vostedes para todo aquelo que deste Concello precisen.

Esperamos que este espazo sírvalles para coñecer mellor o noso Concello.

Un saúdo

Aquilino Valencia Salgado

 

imprimir