Recuperar a Terra. Deseñar o futuro.

https://drive.google.com/file/d/1OUAyGCI2gEGj26-7tqKixJZBgS3OBSKI/view?usp=sharing

 

"Aterra" é unha iniciativa do Grupo de Desenvolvemento Rural "Limia-Arnoia" que ten como finalidade conectar persoas propietarias con demandantes de terras, no ámbito territorial do GDR.
 
O obxectivo é a dinamización do territorio, a recuperación de superficie agraria útil en estado de abandono e contribuir a facilitar o acceso á terra agraria.
 
Queremos que contacten con nós:
  1. Persoas demandantes de terra para a creación ou ampliación dun proxecto agrícola ou gandeiro.
  2. Persoas propietarias de terras, interesadas nunha cesión, aluguer ou venda.
Somos o primeiro proxecto de xestión de terras a nivel comarcal que se implementa e que foi elaborado con e para o sector agrario.
 
Para a xestión do proxecto, existe unha páxina web: www.aterra.gal, que conta cun visor no que as persoas interesadas poderán subir tanto as demandas de terras como as ofertas. No caso de que non queiran/podan facelo online, teñen a opción de contactarnos para que llo xestione o noso persoal técnico.
 
 
Administración
Mary González
Praza Maior, 3 
Edif. A Paneira
Allariz (Ourense)
T.988 891 116 M.604 09 46 65
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

ImprimirCorreo electrónico