COUTO MIXTO

Acto Cultural

A entidade Asociación de Amigos do Couto Mixto nomeou <<Xuíces Honorarios>> do Couto Mixto desde o ano 2000 a máis de corenta personaxes públicos e entidades, entre os que se atopan:

  • Universidades de Vigo y Tras os Montes 
  • Luís García Maña, escritor e investigador do Couto Mixto
  • Francisco Fernández del Riego, escritor, intelectual, político
  • Antón Riveiro Coello, escritor limiano
  • Xosé Rodriguez Cruz, etnógrafo
  • Antonio Lorenço Fontes, sacerdote luso de Vilar de Perdices 
  • José Luís Méndez Ferrín, político e escritor galego
  • Carlos Nuñez, gaiteiro 
  • Eurociudad Verín-Chaves

Acto cultural Couto Mixto 2012 Nomeamentos novos Xuíces Honorarios https://youtu.be/vG8WjydCR-4

María do Ceo, cantante de fado e compositora portuguesa afincada en Galicia foi nomeada <<Xuíz Honoraria>> do Couto Mixto en 2010. En mostra do seu agradecemento por ser nomeada Xuíz honorífica decidiu compoñer un himno https://youtu.be/ic48Ph66gyI  que fixese xustiza á historia do lugar. Ela puxo a música e Armando González a letra.

ACTO CULTURAL DO 1 DE XULLO 2023

Este ano a Asociación de Amigos do Couto Mixto nomeou como xuíces honorarios a :

- D. Fernando Venâncio, escritor e académico, autor do libro " Assim Nasceu uma Língua"

- Dª Ángeles Huerta, directora de cinema (Ou Corpo Aberto)

- D. Mario García, deputado do grupo parlamentario do PSC en Cataluña e natural de Randín, Calvos de Randín

María do Ceo acompañou o acto cultural coa súa música.

Couto Mixto 2023 https://youtu.be/HRrPr2fQSyA

20230701123645
20230701124822
20230701124359                             xuíces honorarios
 
20230701123911
 
 
 

ACTO CULTURAL DO 2 DE XULLO 2022

Este ano a Asociación de Amigos do Couto Mixto nomeou como Xuíces Honorarios a :

- Dª Consuelo Castro Rei, Avogada Xeral do Estado

- D. Armando González López, médico e compositor musical (autor da letra do himno do Couto Mixto)

 - Dª Diana Gonçalves, cineasta, directora do documental “Mulleres da Raia”

Este mesmo día nomeouse igualmente ao primeiro Académico Director da nova “Academia do Couto Mixto”, D. Xosé Manuel Cid, Decano da Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense. O obxectivo da Academia será de buscar modelos de crecemento económico, medio ambiental e tecnolóxico.

María do Ceo acompañou o acto cultural coa súa música.

Couto Mixto 2022 https://youtu.be/8vjW1KXiieg

ACTO CULTURAL DO 6 DE XULLO 2019

A Asociación de Amigos do Couto Mixto nomeou:

  •  Dª Mercedes Vázquez Saavedra,  etnográfa e fotógrafa
  • ​ D. Xesús Díaz Estévez, profesor universitario e poeta, autor de "A utopía que  diluíu ou  vento", primeiro poemario do Couto Mixto
  •  D. Manoel  Batista  Calçada Pombal, Presidente da Cámara  Municipal de  Melgaço

A cerimonia estivo amenizada por un concerto de María  do  Ceo e seguido pola representación dunha escenificación teatral sobre a vida dos cidadáns do Couto Mixto que levaban naquela época a cargo da Asociación Platea  Lúa.

Couto Mixto 2019  https://youtu.be/LquBuaMUqyI

ACTO CULTURAL DO 7 DE XULLO 2018

Na Igrexa Parroquial de Santiago de Rubiás ás 12h00, a Asociación de Amigos do Couto Mixto, nomeou a tres novos "Xuíces Honorarios" do Couto Mixto:

  • Os presidentes das freguesías portuguesas de Soutelinho, Lamadarcos e Cambedo

Conmemorouse o 150 aniversario do Tratado de Lindes entre España e Portugal (1868-2018), a extinción da independencia do Couto Mixto. O acto estivo amenizado pola actuación de Uxía Senlle.

Ao terminar o acto, realizouse unha representación teatral sobre as reunións que se celebraban antigamente no Couto Mixto.

Couto Mixto 2018 https://youtu.be/FKHiJS67RQM

ACTO CULTURAL DO 1 DE XULLO 2017

Na Igrexa Parroquial de Santiago de Rubiás ás 12h00, a Asociación de Amigos do Couto Mixto acompañada polos homes de acordo, os Alcaldes de Baltar, Calvos de Randín e de Montealegre, nomeou a tres novos <<Xuíces Honorarios>>:

  • D. Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
  • D. Alejandro Rubín Carballo, director xerente de Expourense
  • A Eurociudad Monçao - Salvaterra de Miño, (representada por Augusto Domingues e Arturo Grandal)

Este ano destacouse a contribución dos novos xuíces honorarios ao desenvolvemento da eurorrexión Galicia-norte de Portugal. A cerimonia estivo amenizada polo dúo de música clásica Kalekói e pola actuación de María do Ceo.

Couto Mixto 2017 https://youtu.be/xtjSz9obzXw

 


Optimized-IMG1428


Optimized-IMG1437


Optimized-IMG1439

 


Optimized-IMG1445


Optimized-IMG1453


IMG1452

Xuíces Honorarios 2017

 

ACTO CULTURAL DO 2 DE XULLO 2016

Na Igrexa Parroquial de Santiago de Rubiás,  a Asociación de Amigos do Couto Mixto, rendeu homenaxe á música e á Irmandade da Lingua e nomeou a tres novos <<Xuíces Honorarios>>. 
Persoas que co seu labor promocionaron a cultura e a interrelación transfronteiriza. Entidades ou individuos que divulgaron a tradición do antigo territorio independente formado desde o século XII ata XIX polos municipios de Santiago, Rubiás e Meaus.

Os tres novos <<Xuíces Honorarios>> foron recoñecidos por distintos motivos:

  • A Eurociudad Valença -Tui, (representada por Jorge Mendes e Enrique Cabaleiro) polos seus servizos a cidadáns de ambos os lados
  • Educadores pola Paz, (representada por Belén Piñeiro e Américo Peres), un grupo de docentes galegos e lusos por apostar por un espazo cultural sen fronteiras
  • O dúo musical 2nafronteira, Carme Penim e Maurizio Polzinelli por ser embaixadores musicais do Couto Mixto

O acto central incluíu a entrega das chaves do arca, o bastón e o documento aos novos <<Xuíces Honorarios>> ante a presenza de veciños limianos e de Montalegre. Plantouse un ciprés no atrio da Igrexa Parroquial de Santiago de Rubiás, en homenaxe ao centenario da Irmandade da Lingua e o encontro de gaiteiros e pandereteiras, repartidos en seis grupos de música tradicional da raia.


IMG8169-copia


IMG8223-copia

Xuíces Honorarios 2016


IMG8225-copia

Homes de acordo

 

Couto Mixto 2016 https://youtu.be/8lFQ9RKtmCk

imprimirCorreo electrónico