TURISMO

Qué ver?

 


IMG9014

 

Igrexa Parroquial de Santiago de Calvos, século XIX, estilo popular, situada no medio do núcleo de Calvos moi próxima ao "Pazo dos Tejada".  Localización

 

 

IMG1675-2-reducida

 

Igrexa Parroquial de San Xoán de Randín, século XVIII, reconstruída no século XVIII, situada no interior do núcleo. Localización

 


IMG8291

 

Igrexa Parroquial de Santiago de Rubiás, séculos XIV e XVIII, estilos románico e popular. Situada no centro do núcleo. Nas paredes da Sancristía, descubríronse doce pinturas de tamaño natural, de gótico tardío entre os séculos XV e XVI que representan escenas de iconografía relixiosa (https://youtu.be/JVI1viKYgoc). Este templo que na súa orixe foi Capela Románica, posteriormente encostouse ao actual templo cuxo atrio era o Parlamento do Couto Mixto.  Localización

 


IMG8293-copia

 

Estatua do último Xuíz Delfín Modesto Brandon do Couto Mixto, situada no atrio da Igrexa Parroquial de Santiago de Rubiás. Localización

 

 


IMG9002-copia

Pazo dos Tejada, séculos máis relevantes, o XVIII e o XIX, estilo popular, situado no centro do núcleo. Actualmente o edificio sufriu numerosas rehabilitacións. Ten unha tipoloxía típica de Pazo galego con tres corpos conectados por unha solaina que permite o acceso por baixo. No municipio hai moitos exemplos a escala reducida. Esta estrutura faise aínda máis complexa cando aparecen muros de contención no patio inferior e de peche no lateral, que dan novas posibilidades espaciais ao apropiarse de tres volumes interconectados que aparecen como prolongación do volume principal. O edificio e os seus muros, fóra dun á rehabilitada, son de sillería concertada, dintel nunha gran porta con escudo emblemático encima. Cornixa recta en todo o edificio principal. Solainas en dous corpos. Detalles de carpintería de calidade. Bancos de cantería a ambos os dous lados da porta principal. Portas secundarias con sombrerete executado con estrutura de madeira.

Antigamente dispoñía dun patio cadrado, salas amplísimas, dormitorios, comedores, cociña convencional, sala para amasar o pan, capela familiar, xardín. Unha construción lóxica, sabiamente dirixida a un fin práctico.

Xunto coa Igrexa Parroquial de San Xoán de Randín, o edificio de máis valor arquitectónico do Concello. Localización

 

Petos de Ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas. A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo. Ás ánimas que non atopen descanso no purgatorio, para que alcancen a felicidade no ceo.


IMG9095-copia

 

Peto de Ánimas de Calvos na praza A Laborada, en fronte do Concello. Localización

 


IMG9280-copia

 

Peto de Ánimas de Vilar  no interior do pobo, nun cruze de camiños. Localización

 

Con características similares de plataforma de sillares corpo prismático con repisa e outro con hornacina en arco de medio punto e cimacio. Sobre él, unha cruz de pedra sobre pedestal. Século máis relevante o XIX.

Cruceiros son sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, os cruceiros levántanse en cruces de camiños ou preto de ermidas, igrexas e cemiterios. Castelao dicía que un cruceiro é "un perdón do ceo", pois según o gran escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado. Pero tamén se di que os cruceiros protexen aos viaxeiros, así que para os que andan por estas terras a protección está garantida.

 


IMG9223-copia

 

Calvario pétreo popular (tres cruceiros) en Vilariño, situado á entrada do núcleo, nunha curva, un lugar privilexiado desde onde as cruces parecen erixirse da terra e debuxar o ceo. Localización

 

IMG1692-2reducida

 

Muiño de Rubiás dos Mixtos situado nos arredores do pobo. Localización

 

Fornos, ademais de facer o pan con sabor único, tiñan encomendada a función de servir de refuxio (para durmir) aos peregrinos e aos pobres, sendo este o motivo de que nunca se pechaban as súas portas.

 

IMG1685-2-definitiva2

 

Forno de Randín no medio do pobo encostado ao Pazo de Randín. Localización

 


IMG8332-copia

 

Forno de Rubiás dos Mixtos situado no centro do núcleo. Son edificacións de forma rectangular resolta en sillería, o século máis relevante é o XIX.  Localización

 

Bens paisaxísticos y naturais


IMG7659-copia

 

Aguioncha, cima situada en Feás, 1239m. Localización

 


IMG7931-copia

 

Ponte Maior é unha paraxe paisaxística, atópase nas inmediacións de Vila nun recodo creado polo regato da Ponte Maior. A auga retorcese entre penas singulares de dramática verticalidad. O conxunto é pintoresco e potente, cun contrapunto, a chaira, que lle outorga novas resonancias. Representa un conxunto claro dentro da súa contorna por estar definido entre dous montículos e ademais con dous elementos centrais claros, o río e o peñasco. Localización

 

 

imprimirCorreo electrónico