BASES DO CONCURSO "VENTE COS REIS MAGOS" 2020

CONCURSO “VENTE COS REIS MAGOS” 2020

 

O Concello de Calvos de Randín organiza un Concurso “Vente cos Reis Magos” con motivo de Nadal e Reis de acordo coas seguintes bases:

  1. Poden participar todos os nenos e nenas ata 12 anos.
  2. Os deseños farán referencia ao Nadal e Reis.
  3. A técnica é libre.
  4. Entregar o deseño no Concello de Calvos de Randín de 9h00 a 14h30.
  5. Data límite de entrega: 4 de xaneiro 2021.
  6. O xurado estará formado por unha funcionaria e dúas administrativas.
  7. Todos os participantes terán agasallos e o gañador un premio.
  8. O premio e agasallos serán entregados o día 5 de xaneiro 2021 no Concello de Calvos de Randín.
  9. Os deseños estarán expostos no Concello de Calvos de Randín.
  10. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

ImprimirCorreo electrónico